Política de privacidade

Esta é unha versión arquivada da nosa política de privacidade. Consulta a versión actual ou todas as versións anteriores.

Ocultar exemplos
Mostrar exemplos
Ocultar exemplos

Última modificación: 31 Marzo 2014 (ver versións arquivadas)

Pode utilizar os nosos servizos de moitas maneiras, tanto para buscar e compartir información como para comunicarse con outros usuarios ou para crear contido novo. Se comparte información connosco (por exemplo, ao crear unha conta de Google), poderemos mellorar aínda máis eses servizos ao mostrar resultados e anuncios de busca que lle resulten máis relevantes, axudarlle a establecer contacto con outros usuarios ou permitir que comparta contido con outros usuarios con maior facilidade e rapidez. Como usuario dos nosos servizos, queremos informalo claramente acerca de como utilizamos os seus datos e de como pode protexer a súa privacidade.

Na nosa Política de privacidade explícase o seguinte:

Tentamos que as explicacións sexan o máis sinxelas posible, pero se non está familiarizado con termos como cookies, enderezos IP, contadores de visitas ou navegadores, consulte esta páxina para entender estes termos clave antes de continuar. A súa privacidade é importante, por iso recomendamos que se familiarice coas nosas prácticas, tanto se acaba de empezar a usar Google como se leva usándoo moito tempo, e que se e que se poña en contacto connosco se ten algunha pregunta.

Información obtida por Google

Obtemos información para mellorar os servizos que ofrecemos a todos os nosos usuarios; por exemplo, podemos deducir aspectos básicos, como o idioma que falan, ou elementos máis complexos, como os anuncios que lles poden resultar máis útiles ou os usuarios que máis lles importan na web.

Seguimos dous procedementos para obtermos información:

Como usamos a información obtida

A información que extraemos de todos os nosos servizos permítenos proporcionar, manter, protexer e mellorar os devanditos servizos, desenvolver outros servizos novos e protexer Google e os nosos usuarios. Tamén utilizamos estes datos para ofrecerlle contido personalizado como, por exemplo, resultados de busca e anuncios máis relevantes.

Podemos usar o nome que proporcione para o seu perfil de Google en todos aqueles servizos para cuxa utilización sexa necesario dispoñer dunha conta de Google. Ademais, poderemos substituír os nomes que asociase con anterioridade á súa conta de Google de modo que estea identificado de forma coherente en todos os nosos servizos. Se outros usuarios xa teñen o seu correo electrónico ou outra información que o identifique, é posible que lles permitamos ver a información pública do seu perfil de Google, como o seu nome e a súa foto.

Se se pon en contacto con Google, é posible que gardemos un rexistro da súa comunicación para podermos resolver máis facilmente calquera incidencia que tivese lugar. Tamén é posible que usemos o seu enderezo de correo electrónico para enviarlle información sobre os nosos servizos, incluída información sobre as melloras ou as modificacións que se vaian implementar proximamente.

Utilizaremos os datos recollidos a través das cookies e doutras tecnoloxías como, por exemplo, os contadores de visitas, para mellorarmos a experiencia do usuario e a calidade xeral dos nosos servizos. Por exemplo, ao gardar as súas preferencias de idioma, poderemos facer que os nosos servizos aparezan no idioma que prefira. Cando lle mostremos anuncios personalizados, non asociaremos cookies ou identificadores anónimos a categorías sensibles como, por exemplo, as relativas á raza, relixión, orientación sexual ou saúde.

Podemos combinar a información persoal dun servizo coa información doutros servizos de Google, incluída a información persoal, para que poida compartir contido con usuarios que coñeza máis facilmente, entre outros usos. Non combinaremos os datos das cookies de DoubleClick con datos de carácter persoal, excepto en caso de que preste o seu consentimento para tal efecto.

Pedirémoslle o seu consentimento previo para usar calquera tipo de información cun fin que non estea recollido nesta Política de privacidade.

Google procesa información persoal en servidores situados en distintos países do mundo. Polo tanto, é posible que procesemos a súa información persoal nun servidor que non estea situado no seu país de residencia.

Transparencia e liberdade de escolla

Os usuarios preocúpanse por diferentes cuestións relacionadas coa privacidade. O noso obxectivo consiste en ofrecer información clara sobre os datos que obtemos para que os usuarios poidan tomar decisións axeitadas con relación ao seu uso. Por exemplo:

Tamén pode configurar o seu navegador para que bloquee todas as cookies, incluídas as cookies asociadas aos nosos servizos, ou para saber cando é Google quen envía a cookie. Non obstante, debe ter en conta que se deshabilita as cookies, é posible que moitos dos nosos servizos non funcionen correctamente. Por exemplo, é posible que non lembremos as preferencias de idioma.

Información compartida por vostede

Moitos dos nosos servizos permiten compartir información con outros usuarios. Teña en conta que os motores de busca, incluído Google, poden indexar a información que comparta de forma pública. Os nosos servizos ofrécenlle diferentes opcións para compartir ou eliminar contidos.

Acceder aos seus datos persoais e actualizalos

Cada vez que usa un servizo de Google, intentamos que poida acceder á súa información persoal. Se esa información non é correcta, tratamos de ofrecer os medios para actualizala rapidamente ou para eliminala (excepto se debemos conservala con fins legais ou comerciais lexítimos). Ao actualizar a súa información persoal, é posible que deba verificar a súa identidade para que poidamos procesar a súa solicitude.

Podemos rexeitar as solicitudes que sexan máis repetitivas, as que requiran un esforzo técnico desproporcionado (por exemplo, que sexa necesario desenvolver un novo sistema ou cambiar de forma radical algunha práctica existente), as que poñan en perigo a privacidade de terceiros ou as que non sexan nada prácticas (por exemplo, as solicitudes que fagan referencia a información almacenada en copias de seguridade).

Cando poidamos ofrecerlle a posibilidade de acceder aos seus datos persoais e modificalos, farémolo de forma gratuíta, excepto en caso de que isto requira un esforzo desproporcionado. Ao prestar os nosos servizos, desexamos protexer os seus datos procurando que non poidan eliminarse de forma accidental ou intencionada. Por este motivo, aínda que elimine os seus datos dos nosos servizos, é posible que non destruamos de inmediato as copias residuais almacenadas nos nosos servidores activos nin os datos almacenados nos nosos sistemas de seguridade.

A información que compartimos

Non compartimos información persoal con empresas, organizacións ou particulares que non teñan relación con Google, excepto no caso dalgunha das seguintes circunstancias:

Podemos compartir información consolidada de carácter non persoal co público e cos nosos socios, incluídos editores, anunciantes ou sitios conectados. Por exemplo, podemos compartir publicamente información para amosar tendencias sobre a utilización xeral dos nosos servizos.

Se Google participa nunha fusión, adquisición ou venda de activos, asegurarémonos de manter a confidencialidade dos datos persoais e informaremos os usuarios afectados antes de que os seus datos persoais se transfiran ou pasen a estar suxeitos a unha política de privacidade diferente.

Seguridade da información

Esforzámonos por protexer Google e os seus usuarios fronte a operacións non autorizadas de modificación, divulgación ou destrución da información que almacenamos ou fronte ao acceso non autorizado a esta. En particular:

Cando se aplica esta política de privacidade

A nosa Política de privacidade aplícase a todos os servizos que prestan Google Inc. e as súas filiais, incluídos os que se ofrecen noutros sitios (por exemplo, os servizos de publicidade), excepto se están suxeitos a políticas de privacidade independentes que non se inclúen nesta Política de privacidade.

A nosa Política de privacidade non se aplica aos servizos fornecidos por outras empresas ou particulares, incluídos os produtos ou sitios que poidan aparecer nos resultados da busca e os sitios que poidan incluír servizos de Google ou aos que se acceda desde os devanditos servizos. A nosa Política de privacidade non cobre o tratamento da información doutras empresas e organizacións que anuncien os nosos servizos ou que usen cookies, contadores de visitas ou outras tecnoloxías para publicar e ofrecer anuncios relevantes.

Cumprimento e cooperación coas autoridades reguladoras

En Google verificamos o cumprimento da nosa Política de privacidade de forma regular. Tamén cumprimos con varios esquemas de autorregulación. En caso de que recibamos unha reclamación formal por escrito, porémonos en contacto coa persoa que a presentou para facermos un seguimento dela. Porémonos en contacto coas autoridades reguladoras pertinentes, incluídas as autoridades locais encargadas da protección de datos, para resolver calquera reclamación relacionada coa transferencia de información persoal que non poidamos solucionar directamente co usuario.

Modificacións

A nosa Política de privacidade poderase modificar en calquera momento. Non limitaremos os seus dereitos en virtude desta Política de privacidade sen o seu consentimento explícito. Publicaremos todas as modificacións da presente Política de privacidade nesta páxina e, se son significativas, efectuaremos unha notificación máis destacada (por exemplo, enviarémoslle unha notificación por correo electrónico se a modificación afecta a determinados servizos). Ademais, arquivaremos as versións anteriores desta Política de privacidade para que poida consultalas.

Prácticas de produtos específicos

A continuación ofrécese información sobre as prácticas de privacidade específicas dalgúns produtos e servizos de Google que pode usar:

As páxinas das políticas e dos principios de Google ofrecen máis material útil relacionado coa privacidade e a seguridade, como: